Na quinta xornada do xuízo polo crime de Diana Quer prestaron declaración os axentes que participaron no achádego do corpo na nave de Asados // Aprazado o xuízo polo atropelo mortal a un grupo de ciclistas na Guarda, porque o acusado, un conductor de 91 anos, está ingresado nun hospital // Os orzamentos da Xunta para o ano que vén inician hoxe o seu debate parlamentario // Cincocentos comensais probaron o menú degustación elaborado polos 22 cociñeiros do grupo Nove no restaurante efémero que abriron no Porto // A nova derrota do Dépor colma a paciencia da afección, que prepara unha protesta // O mosteiro de Oia saca á luz os debuxos que pintaron nas súas paredes máis de cinco mil presos republicanos. 1811/19