En total son máis de 300 os contaxios activos en centros escolares, o doble que hai unha semana, no que se considera xa o arranque dunha nova vaga. A Xunta estuda pedir o certificado covid tamén na hostalaría. // Feijóo calificou de moi negativa a eliminación, xa este curso, das probas de recuperación na ESO. Díxoo despois e que a Ministra de Educación, Pilar Alegría, defendera hoxe en Santiago esa reforma. // Tras unha colleita de record, con 43 millóns de quilos de uva, as adegas da denominación de orixe Rias Baixas aumentaron as súas exportacións máis dun millón de litros, cun prezo medio de 6 euros por botella. Estados Unidos e Reino Unido seguen a acaparar boa parte das vendas. // Un dos artistas urbanos do momento chega hoxe a Santiago. Entre os seus méritos, ter gañado un concurso internacional de rapeiros de estilo libre, A Batalla dos Galos. Coñecido musicalmente como WALLS. 18-11-2021