O tempo complícase de cara a fin de semana na que quedaremos baixo a influencia dunha borrasca que hoxe nos deixa tempo inestable moitas nubes e chuvias febles pero con alerta no mar en toda a costa galega por ondas que no litoral da Coruña poden chegar aos seis metros. O exsecretario ao cargo da política deportiva na Xunta, José Ramón Lete Lasa, tomará posesión coma secretario de estado para o Deporte e presidente do Consello Superior de Deportes a próxima semana. O consello de ministros tamén decide hoxe o relevo na dirección xeral da garda civil, un cargo que deixa o ferrolán ARsenio Fernández de Mesa. Os sete mariñeiros sirios que pediron asilo en Marin para fuxir da guerra no seu pais xa teñen permiso para permanecer en España. O Ministerio do Interior admitiu a trámite a súa solicitude. Agora contan con un permiso de residencia termporal válido mentres se resolve o expediente. (18/11/16)