Os hoteis de Vigo onde están concentradas as seleccións de España e Alemaña son lugar de peregrinación de moitos siareiros que queren achegarse aos ídolos futbolísticos que esta noite se van enfrontar en Balaídos. O ambiente  está asegurado. Máis de vintecatro mil mercaron entradas // Novo brote de lexionela na provincia de Lugo, desta vez nunha residencia  privada da terceira idade, de Guntín. Tres ancians evolucionan favorablemente no hospital. Dias atras, outros seis anciáns dunha residencia pública de Lugo foron antendidos pola  mesma doenza // Arranxada a tubaxe  que rebentou o domingo na Ronda de Outeiro, na coruña. Queda pendente reparar o firme, logo da gran fochanca aberta polo escape. Nas vindeiras horas a auga pode ter un aspecto turbio pero é apta para o consumo humano, segundos os técnicos. 18/11/14