Aumenta a afluencia aos centros de vacinación masiva, onde se administra agora a cuarta dose da covid ao grupo de idade de maiores de 70 anos, mentres os de máis de 80 comenzan a respesca nos domicilios e nos centros de saúde. // O consello da Xunta aproba o proxecto de orzamentos do ano que ven, que ascenderá a máis de 9.000 millóns de euros, coa ollada posta, segundo o presidente Alfonso Rueda, en loitar contra a inflación. // Pontevedra convértese na capital internacional da loita olímpica, coa celebración do Mundial sub 23. A galega Nerea Pampín, unha das principais opcións de medalla. // Os cabalos protagonizan o día grande das San Lucas, a feira máis antiga de Galicia, que volve a Mondoñedo logo de dous anos de restriccións, con moito ambiente e bos prezos para os animais. 18-10-22