Terceiro día de folga dos estudantes, que nesta xornada contan co apoio das federacións de Anpas. Trátase dunha protesta contra os recortes no ensino público e en desacordo co proxecto de lei para a mellora da calidade educativa. // A Xunta asegura que nos últimos catro anos se rexistraron en Galicia un vinte por cento menos de incendios que na lexislatura anterior, e se detivo ao dobre de persoas por provocalos. Tamén di a Xunta que ten as contas actualizadas, e os seus pagamentos fanse, de media, en 45 días. // Campaña a dous días das eleccións. // Tres membros dunha mesma familia morren ó chocar o coche no que viaxaban contra un camión na estrada Santiago-Lugo á altura de Arzúa. // Celta e Deportivo apuran a súa preparación para enfrontarse este sábado aos dous grandes da Liga. (18/10/12)