Cae unha importante rede de narcotraficantes que introducían droga en España dende Sudamérica. Hai detidas dez persoas en varias comunidades, entre elas Galicia, e incautada tonelada e media de cocaina, doce vehíiculos e cartos en efectivo // Na crise láctea, compás de espera ante a sinatura, o próximo mércores, dun acordo que garanta a sostibilidade dos prezos do leite. Leite Celta e Lechera Asturiana comercializarán por xunto a súa marca branca para a gran distribución // A Xunta vai desenvolverá en 2016 unha rede de unidades terapéuticas para enfermos de Alzheimer // Silleda acolle Galicia.Net, o encontro de afeccionados aos videoxogos e á informatica // O Deportivo disputa este domingo en Riazor un partido considerado de alto risco, contra o Sporting de Xixón. O Celta visita ao Sevilla // Un barcelonés inicia o Camiño de Santiago en cadeira de rodas, que pretende percorrer en só oito días desde Roncesvalles, Navarra. 18/09/15