O rastro do lume. As aldeas de Fervenza e San Vicente, en Vilamartín de Valdeorras, sofren as consecuencias do gran incendio que queima a comarca. Duplicou a súa extensión en poucas horas e xa vai por 15.000 hectáreas | Sanidade reorganiza a atención sanitaria en Ourense. Para as zonas afectadas, a atención médica pasa a realizarse nos centros de cabeceira, onde foi instalada conexión por satélite | A Xunta vai celebrar a próxima semana un consello extraordinario en Ourense para poñer en marcha unha primeira liña de axudas para os afectados polos incendios forestais. O presidente do Goberno tamén anunciaba que se vai axilizar o apoio ás vítimas | Quinto día sen conexión ferroviaria con Madrid. Moitos dos que tiñan previsto viaxar están buscando alternativas