Chegou ao porto de Vigo un veleiro, caragado con 600 quilogramos de cocaína, interceptado pola policía en alta mar. Nel chegaron tamén os dous tripulantes, dous galegos, os úlimos arrestados pola policía nacional neste operativo que incluiu otras 19 detencións en Pontevedra, Almería e Córdoba.   Reunión, no ministerio de agricultura, de representantes dos gandeiros, a industria e a distribución en busca de solución á baixada dos prezos do leite en orixe.  Poderíase coñecer o informe encargado á Comisión Nacional da Competencia para saber se é aplicable en España o modelo francés de garantirlles un prezo mínimo  aos  productores.   Polémica entre  o Concello e o porto da Coruña  polas obras de reforma da zona da Marina. O Goberno local négase a recibir oficialmente parte dun vial e un parque infantil que mañá abren ao público porque  di que non existe licencia de obras para unha reforma, realizada en base a un convenio entre o porto e o anterior goberno municipal. (18/08/15)