As estradas convencionais e a velocidade á que circulamos por elas son, dende hoxe e ata finais da semana, obxectivo de especial vixilancia por parte dos axentes de tráfico // As concesionarias das autoestradas portuguesas dispostas a recadar os impagos dos condutores españois. Os anteriores a 2012 prescribiron pero os dos últimos anos hai que pagalos. Moitos usuarios están a recibir por carta o importe das peaxes que deixaron sen pagar // Preocupación entre os apicultores galegos ante o aumento da poboación de avéspora asiática, unha especie invasora que chegou a  Galicia hai dous anos e que se alimenta das abellas. 18/08/14