Un rapaz de 14 anos perde a vida afogado na lagoa de Pedras Miúdas, en Catoira. A zona está prohibida para o baño, aínda que actualmente non se ven carteis que o indiquen | O presidente da Generalitat Salvador Illa, defende en Galicia o sistema de financiamento singular para Cataluña, co apoio dos socialistas galegos. Alfonso Rueda, de visita institucional en Estremadura, di que supón un ataque a igualdade dos cidadáns | Arranca no centro hípico de Casas Novas o Campionato de Europa de Saltos. Participan máis de 90 xinetes e amazonas da elite do deporte ecuestre de 23 países | Coa colaboración de Antonio Orozco, preséntase ‘CaixaSon’, un proxecto pioneiro de inclusión musical, integrado por persoas con discapacidade, en risco de exclusión e migrantes. É unha iniciativa coa que comezou nas localidades de Tui e Valença do Miño o festival transfronteirizo Ikfem