50 mil persoas agárdanse en Ortigueira, para o festival celta, que remata o domingo. Esta noite actúa Milladoiro e mañá The Chieftains. Unha sentenza do TSXG anula  41 postos de persoal eventual e de libre designación do concello de Ourense. A directora de persoal di a situación pode correxirse. O Centro Tecnolóxico da Automoción presenta as probas para mellorar ata un trinta por cento a autonomía dos vehículos eléctricos. A Ribeira Sacra busca ser declarada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Os presidentes das deputacións de Lugo e Ourense acordaron co Valedor do Pobo coordinar os traballos técnicos.Lucas Pérez pasa recoñecemento médico no Deportivo. Iago Aspas fai o mesmo no Sevilla. (18/07/14)