Alfonso Rueda acorda co seu homólogo de Andalucía, Juanma Moreno, compartir software para mellorar a Formación Profesional. Ambos presidentes rexeitan o plan do Goberno do Estado para o reparto, entre as diferentes Comunidades Autónomas, dos migrantes menores agora acollidos en Canarias | Máis accións contra a construcción da fábrica de celulosas de Altri. Este martes os alcaldes da Mancomunidade Barbanza Arousa amosaron o seu rexeitamento ao proxecto en bloque. En Vigo, grupos ecoloxistas manifestáronse no edificio da Xunta e 100 persoas queren personarse como afectados polo proxecto | O pesqueiro Pico TresMares, con base no porto lucense de Celeiro, afundiu na a pasada madrugada no Pacífico, cando faenaba a mil millas de Chile. Os 19 tripulantes, algúns galegos, están en bo estado | Investigan a morte dun buzo que sufriu un paro cardiaco mentres recollía navalla no Grove. Segundo as primeiras informacións, tería quedado varios minutos sen recibir aire ao producirse un problema ba