Persoas de entre 45 e 65 anos que buscan traballo, e empresas que o ofertan. É a Feira de Emprego Senior, na Coruña, un evento para promover o acceso ao mercado laboral para os perfís máis experimentados. Permite contactar con responsables de recursos humanos de compañías de diferentes sectores | Os prezos da vivenda acadan o seu máximo histórico en Galicia: unha media de 1.882 euros o metro cadrado, segundo o informe da Sociedade de Tasación. A Coruña é a que ten os prezos máis elevados, por riba dos 2.000 euros o metro cadrado, seguida de Santiago, e Vigo | Acordo entre Sanidade e as farmacias para axilizar a prescripción de medicamentos considerados "non demorables" como a insulina ous antiepilépticos. Excepcionalmente o farmacéutico poderá poñerse en contacto cun técnico sanitario pra que revise o caso e expedir o fármaco | Comezou a facer fotos de animais aos seis anos. E agora, convertido xa en profesional, o ourensán Alejandro Camba explica os segredos dunha especialidade artís