A xunta facilitará a apertura de casas niño nos concellos galegos sen outro recurso de conciliación, a través de axudas extraordinarias // Esta tarde Pablo Casado e Inés Arrimadas reúnense para ver se PP e Ciudadanos van xuntos ás eleccións do 5 de abril, pero esa posilibidade semella cada día máis difícil en Galicia // O goberno derroga hoxe o artigo da reforma laboral que permite despedimentos por absentismos xusficados con baixa médica, coma o dun traballador coruñés dunha empresa de telemárketing // O novo xefe de policía de Galicia asume a dirección de 2.600 axentes nunha das comunidades con menor criminalidade de España // En Galicia hai 27.000 persoas con Asperger, que hoxe, no seu día, piden ter o seu lugar na sociedade // En Tórdea chegou a haber unha ducia de artesáns que facían cadeiras típicas de madeira de castiñeiro e xunco trenzado e agora só queda Luis. 18/02/20