Acordo entre a Xunta e o Goberno de Pedro Sánchez para transferir a xestión do litoral. É un anuncio feito hoxe polo presidente Alfonso Rueda a través das redes sociais. Supón dar cumplimento ao establecido na lei aprobada o ano pasado polo parlamento galego para asumir as competencias, que recibíu o aval do Tribunal Constitucional | Os presupostos da Xunta para 2025 quedan aprobados, un ano máis co apoio da maioría do Partido Popular, cunha soa enmenda das 1.200 presentadas pola oposición. As contas ascenden a case 14.000 millóns de euros e contemplan unha previsión de crecemento do PIB do 2 por cento | A Comisión Europea ditamina que a prórroga da concesión a Ence na Ría de Pontevedra, acordada polo goberno de Mariano Rajoy, non cumplíu a normativa comunitaria. A resolución do expediente aberto a España dá un prazo de dous meses ao goberno para que adopte medidas ao respecto ou remitirá o caso ao tribunal de Xustiza da UE. A Compañía asegura que o dictame non afecta á sua continuida