Van  aparecendo restos do barco PAQUITO SEGUNDO, que se supón afundido fronte ao cabo de Corrubedo. Os mergulladores atoparon unha tolva con mexillóns que transportaba . Crese que o barco está a 40 metros de profundidade.   Xa son 41 os arrestados pola pelexa na que morreu o  siareiro do deportivo contra seguidores do Atlético de Madrid. As últimas detencións tiveron lugar en Xixón. Entre os arrestados   hai unha muller, tres menores de idade, un garda civil e un militar.   As autoridades de tráfico temen que este Nadal aumenten os accidentes e do número de mortos nas estradas. Prevén máis desprazamentos,ca o ano pasado:  dous millóns de viaxes, entre esta fin de semana e o día de Reis . (17/12/14)