Comezan as mobilizacións no sector das conservas de peixe ante a falta de acordo na negociación do convenio estatal. Hoxe houbo concentracións convocadas pola CIG. Rexeitan a proposta da patronal de subas salariais por baixo do 1,75% e aumento de xornada semanal os sábados. // Dúas veciñas do Barco de Valdeorras están detidas como presuntas autoras da morte dunha amiga. Supostamente matárona hai máis de dous meses axfixiándoa por cartos ou por celos. Mañá pasarán a disposición xudicial. // Polémica polo repenique das campás da torre de Ares. Un veciño argumenta que de noite o son supera os decibelios permitido pola lei, mesmo para actividades molestas. //Tanxugueiras presentan a su candidatura para representar a España en Eurovisión. As pandereiteiras galegas, favoritas entre os eurofans, acaban de anunciar oficialmente que competirán cun tema en galego. A finais de xaneiro saberemos se son as elixidas para representar a España. 17-11-2021