As estrelas da selección española de futbol brillan hoxe en Vigo. Algúns xogadores coma Cazorla, Raul García ou Camacho, pasearon esta mañá, antes de preparar o partido fronte a Alemaña, despois das boas sensacións e o bon resultado logrados fronte a Bielorrusia, en Huelva // Hoxe serán soterradas as catro persoas que faleceron o sábado nun choque frontal en Rois, A Coruña. Tres das vítimas mortais eran da mesma familia, moi coñecidos en Noia, unha vila conmocionada polo triste suceso. O conductor do outro coche de Santiago faleceu logo de ser trasladado ao hospital // Varios días van durar os traballos de reparación dos danos causados, na Coruña, pola  rotura dunha tubaxe da rede central de canalización que provocou unha auténtica riada nas inmediacións das estacións de tren e autobuses. 17/11/14