Segunda xornada do xuízo pola catástrofe do Prestige. A Fiscalía rexeitou hoxe a suspensión da vista que pedira onte a defensa do principal acusado, o capitán do petroleiro. // Dez anos despois da marea negra do Prestige, os estudos científicos confirman que a costa galega e as poboacións mariñas están recuperadas. No que non se poñen de acordo os científicos é en se aínda quedan restos de chapapote nos fondos mariños. // Últimos días na carreira para pedir o voto. // Chuvia e vento na terra e mar bravo no litoral. Toda a costa galega está hoxe en alerta por mar de fondo que levanta ondas de ata cinco metros. // Dez anos dun certame que une culturas. Amal, o festival de cine árabe de Santiago, cumpre unha década. // Ángel Llanos: Desaparece un dos fotógrafos que documentaron o Vigo do século XX. (17/10/12)