O alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, xa é o novo presidente da Deputación de Ourense, e rematan máis de trinta anos á fronte da corporación provincial da familia Baltar. // Reunión en Vigo de ministros de pesca da Unión Europea, que abordarán, ata mañá, temas como o equilibrio entre sostibilidade e rendibilidade, e cómo lograr o relevo xeneracional na pesca. // A maoría dos afectados polo lume en Valdeorras e o Courel agarda ainda para empezar a reconstruir as suas vivendas, cando se cumpre un ano dos maiores incendios rexistrados nunca en Galicia. En dúas semanas, arderon preto de 22.000 hectáreas. // Reabre en Sada o museo de arte contemporánea Carlos Maside, logo de sete anos pechado. Acolle 4.000 pezas dos seus fondos, incluíndo obras dos artistas galegos de vangarda. 17-07-2023