Visita de Don Filipe e dona Letizia a Burela en apoio ao sector pesqueiro do que vive a meirande parte da poboación desta vila lucense. A visita de dúas horas incluíu un saúdo as xogadoras de fútbol sala, campioas do trofeo da Raíña | Hoxe hai en Galicia ata catro xuízos por violencia machista de extrema gravidade -por asasinato ou maltrato severo dous deles por asasinato -, mentres os presuntos autores dos acoitelamentos a dúas mulleres a fin de semana continúan á espera de pasar a disposición xudicial | Tras dous adiamentos e críticas por parte dos controladores por motivos técnicos e laborais, hoxe entrou en funcionamento a torre de control virtual do aeroporto de Peinador. Unha instalación pioneira en España que permite aos controladores traballar cunha imaxe virtual do espazo aéreo. A súa implantación será progresiva | Douscentos expositores ofrecen solucións tecnolóxicas á industria da automoción, aeroespacial ou a defensa no Mindtech de Vigo | ANPE, UGT E CCOO presentan un cont