Galicia rexistra o primeiro caso en España de malformación cerebral nun feto a causa do Zika. A nai, unha muller venezolana que contraeu o virus no seu país, someteuse a un aborto debido á gravidade dos efectos da infección no futuro bebé. É o segundo caso destas características que se produce en Europa // Aumentan as iniciativas de agricultura e gandeiría ecolóxicas. Este ano a administración galega tramitou máis de 700 solicitudes para novos proxectos triplicando ás do 2015. Díxoo o Presidente da Xunta nunha entrega de premios para iniciativas de escolares // Lugo preparase para recibir a unha lexión de romanos e castrexos toda a fin de semana. Comezou o Arde Lucus, a festa que lembra o pasado romano da cidadade. As previsións apuntan a que se superen os 600 mil visitantes. 17/06/16