450 persoas, entre policías e  servizos de emerxencias velarán pola seguridade do  partido de futbol que mañá enfrontará, na Coruña, ao Deportivo e ao Atlético de Madrid. Un partido declarado de alto risco pola Comisión Estatal contra a violencia.     Xa son catro as vítimas por accidentes co tractor este ano en Galicia  O último caso  rexistrouse no concello pontevedrés da  Cañiza, onde morreu un home de 62 anos .   A recén creada asociación de albergues privados de Galicia pide que se loite contra os que ofrecen aloxamento de xeito ilegal. Tamén queren que se privaticen os albergues públicos porque os consideran unha competencia desleal. (17/04/15)