Os afectados polas participacións pedíronlle ao Conselleiro Agustín Hernández que a Xunta faga xestións para que se axilicen as arbitraxes.Os que tiñan preferentes de Unión Fenosa acollen con satisfacción moderada a oferta da compañía eléctrica de recomprarlles as súas participacións, se aceptan unha quita do sete por cento // A Xunta di que a partida de mexillón detectada en Francia con toxina non presenta a documentación que garantice a trazabilidade do producto, e que polo tanto, non se pode dicir que sexa galego // O Presidente da Xunta amósase satisfeito dos resultados da súa viaxe a México.Salienta que o máximo mandatario daquel País, Enrique Peña Nieto, avalase a busca de novos contratos para o sector naval galego e o interés da petroleira mexicana PEMEX por entrar no accionariado de estaleiros da Ría de Vigo. 17/04/13