Os transportistas preparan un plan alternativo ao de Fomento, que quere desviar o tráfico pesado ás autoestradas. Os camioneiros queren máis descontos nas peaxes que o  50% que lles ofrece o goberno, e que alguns treitos sexan gratuitos.   A Axencia do Banco Madrid de Lugo mantense aberta , pese ao bloqueo das operacións da entidade, logo da súa intervención polo Banco de España.  O alcalde da Coruña, Carlos Negreira,  nega irregularidades na contratación de 54 persoas no concello, irregularidades que está a investigar  a xuiza que dirixe a instrucción da Operación Pokémon.  (17/03/15)