Detidos dous mozos en Madrid como presuntos autores da morte do siareiro do Deportivo JIMMY.  A policía arrestou  outras 33 persoas  tamén relacionadas  coa liorta violenta  do 30 de novembro, entre afeccionados ultras do Deportivo  e o Atlético de Madrid. Un  taxista de Parla, casado e con dous fillos, é un dos detidos.      Un representante da multinacional PSA Peugeot Citroen desprazarase a Vigo para negociar coas empresas galegas da automoción subministros para fabricar a nova Furgoneta da factoría de Balaídos.    O estaleiro Freire vai empezar a construir, a principios do ano que vén, un buque oceanográfico para Perú que lle dará traballo ao seu cadro de persoal durante 2 anos. (16/12/14)