Primeiras mostras de repulsa, na Coruña, contra o crime coñecido esta mañá no barrio do Birloque. A policía intensifica a busca do home ao que considera presunto autor da morte a puñaladas dunha muller, de 52 anos. Levaban algúns meses de relación e él conta con antecedentes de violencia machista. // O próximo día 4 de outubro pode comezar a aplicación da terceira dose da vacina ás persoas que viven en residencias de anciáns. Acaban de aprobalo os conselleiros e os responsables do Ministerio de Sanidade, na Comisión de Saúde Pública. // Mañá e tamén durante a fin de semana seguirá aberta a posibilidade de pedir autocitas para vacinarse ou mesmo a de presentarse nos centros de vacinación sen cita previa. // Hoxe cúmprense 170 anos do nacemento de Emilia Pardo Bazán, unha das grandes novelistas da literatura española. Muller transgresora e feminista, na Coruña réndenlle homenaxe con distintos actos, entre eles, a estrea da versión teatral de Los Pazos de Ulloa. 16-09-2021