A nai de Diana quer, a moza desaparecida na Pobra do Caramiñal dende hai 25 días dixo hoxe que a investigación para atopar á súa filla avanza pero lentamente. Hoxe compareceu no xulgado de Ribeira dentro do proceso sobre a custodia da outra filla, menor de idade // O Partido Popular aposta por medidas para incentivar a natalidade, os socialistas propoñen unha lei para coordinar as áreas empresariais. No BNG sinalan os casos de corrupción que lle afectan ao PP e En Marea quere revertir as privatizacións // O Celta estrea a Liga Europa cun empate a un ante o Standard de Liexa. Cunha alineación pouco habitual e un esquema de xogo inédito, ao Celta faltoulle coordinación e intensidade, pero logrou o primeiro punto da temporada. 16/09/16