Galicia está de festa. Milleiros de persoas gozan hoxe das celebracións do San Roque, pasadas por auga en Vilagarcía, coa tradición da romaría de Vigo ou preparando en Betanzos o globo de papel más grande do mundo | As vilas pequenas están máis cheas de xente que nunca. Os veciños reciben estes días aos que viven fóra e volven para pasar as vacacións na casa familiar. Veraneo máis económico, lonxe de aglomeracións e gozando de amigos e familiares | A Audiencia Nacional amplía seis meses o prazo da instrución do naufraxio do Villa de Pitanxo, que ía rematar en dúas semanas | Tal día coma hoxe hai cincuenta anos comezaba a emitirse Panorama de Galicia, o primeiro informativo rexional en España e ademais en galego