A Audiencia Nacional acaba de declarar nula a prórroga para que ENCE siga na Ría de Pontevedra por outros 60 anos. O tribunal dalle a razón aos recursos presentados por GreenPeace e o Concello de Pontevedra contra esa prórroga, acordada polo Goberno Central en xaneiro do 2016, durante a presidencia de Mariano Rajoy. // O comité de empresa de Alcoa di sentirse abandonado polo goberno central. Trala última xuntanza da mesa multilateral, na que non participou ningún representante do executivo, os traballadores anuncian que van retomar as mobilizacións. // Xoel López será esta noite un dos pratos fortes da Edición do Son do Camiño. O músico coruñés, unha das referencias do indie en español, estará acompañado no escenario do Monte do Gozo, polo cantautor Andrés Suárez e a ex-concursante de Operación Triunfo, Sabela. 16-07-2021