As letras galegas quentan motores. O día celébrase mañá, dedicado á poesía popular oral e personificado nas cantareiras. Unha tradición que se quere transmitir ás novas xeracións | Santiago será a primeira cidade galega en implantar unha taxa turística. Entrará en vigor este verán, e a contía, de entre un euro e dous e medio por persoa, dependerá da categoría do aloxamento | A asociación ecoloxista ADEGA e a plataforma en defensa da Ría de Arousa inician acción legais contra o proxecto de macrocelulosa que Altri pretende instalar en Palas de Rei | Alleo ao acto de conciliación con Miguel Ángel Revilla, que rematou sen acordo, o rei emérito desfruta das regatas en Sanxenxo. Non acudiu a ese acto en Santander, despois de denunciar ao expresidente cántabro por inxurias