O buque Ártabro conta xa co contrato asinado para baixar ao pecio do Villa de Pitanxo, en augas de Terranova. Os encargados da misión chegaran a ameazar con suspendela, ante o atraso en tramitar a docuentación por parte do Ministerio de Transportes. // Representantes da patronal das comunidades de Galicia, Asturias e Castela e León reclamaron hoxe, conxuntamente, un compromiso para o Corredor Atlántico de conexión ferroviaria con Europa. // O agroglamour volve dende hoxe a aldea porriñesa de Cans co festival de cine que chega a sua vixéxima edición. // Francisco Fernández del Riego é o gran protagonista das letras galegas neste ano. Recuperamos, da man do arquivo de Televisión Española en Galicia, as súas propias palabras, e lembramos momentos máis destacados dunha vida dedicada á defensa da cultura galega. 16-05-23