Impulso á investigación e apoio ás persoas que padecen enfermidades raras. É a mensaxe que lanzou, dende Santiago, a Raíña Letizia, no acto para conmemorar o Día Mundial destas doenzas. // Os pensionistas denuncian que non poden realizar trámites na seguridade social porque lles impiden o acceso ás oficinas sen cita previa, que en moitos casos non son quen de conseguir. // As novas tecnoloxías axudan a recuperar zonas rurais. Na localidade ourensá de San Xoan de Río, unha aplicación de móbil axuda a persoas de todo o mundo interesadas en establecerse en núcleos despoboados. // Fresco, lixeiro e moi saudable, así e, din, o té verde de camelia producido por pequenas empresas de Pontevedra, as que a Deputación quere dar un distintivo de calidade a partir das investigacións da estación fitopatolóxica do Areeiro.16-03-23