Os detidos cando intentaban descargar un alixo de 1.100 quilos de cocaína en Vilanova de Arousa, pasan a disposición xudicial. Son Sete homes, de nacionalidade albanesa, entre os que figuran os tripulantes da lancha rápida na que transportaban a droga, e un galego, acusado de colaborar coa rede, sobre o terreo | O sistema sanitario galego realíza máis dun transplante de órganos ao día. 424 persoas recibiron un transplante en 2024, o que supón case un 30% máis que no ano anterior. Houbo 137 doantes, o mellor dato da historia. Desde que comezou o programa de doazón, máis de 10.000 persoas tiveron unha segunda oportunidade | Gonzalo Caballero renuncia a disputar a Gómez Besteiro o cargo de secterario xeral nas primarias do PSdeG-PSOE. Di que non se dan as condicións necesarias, e critica á dirección federal do partido por respaldar a continuidade do seu sucesor ao frente dos socialistas galegos | Na eliminatoria da Copa hoxe tócalle ao Celta loitar polo pase a cuartos de final. ÁS nove e