A Xunta cuantifica en 2.500 quilos os granulados procedentes do Toconao recollidos ata agora. Di que tamén se retirou o dobre doutros plásticos. O concello de Ribeira asegura que nas suas praias apareceron un total de 82 sacos pechados. | A renovación de nomes domina as listas para as eleccións autonómicas do 18 de febreiro. O 70 por cento dos candidatos concorren por vez primeira, ainda que a maioría en postos sen opcións de saída. O PP propón celebrar durante a campaña un so debate, a catro, retransmitido na TVG. | Os expertos recomendan continuar coa vacinación, aínda que a incidencia dos contaxios de gripe comenza a remitir. | A sonoridade da música clásica fusiónada coa cultura grega. E a proposta musical de Abraham Cupeiro, na sua nova xira, que leva o título de: MYTHOS. Acompañado da Orquestra Gaos.