Unha operación conxunta da Garda Civil e da Policía Nacional evitou o que podería ter rematado nun enfrontamento entre narcotraficantes galegos e colombianos. Os 5 galegos detidos foron localizados en Sada, mentres agardaban, supostamente, por un cargamento de droga que lles ían mercar aos 8 sudamericanos, tamén detidos, e que, ao parecer, pretendían roubar e mesmo secuestrar aos galegos // O Consello da Xunta autorizou a tramitación das directrices da paisaxe que buscan garantir a súa protección. Tamén avaliou positivamente os logros acadados no recente consello de ministros de Pesca da Unión Europea // Entra en funcionamento un novo sistema automático de peche da autovía A-8, á altura de Mondoñedo. Baséase na instalación de sensores que detectarán a diminución da visibilidade co que, un mecanismo por control remoto, accionado dende o centro de control de tráfico da Coruña cortará a vía cando esa visibillidade sexa inferior a 40 metros. 15/12/16