Indignación en Nigrán pola posta en liberdade dos ex-policías que hai case vinte anos asasinaron ao empresario David Fernández Grande, a súa muller, a filla e a empregada do fogar.Conseguiron 20 dos 200 millóns de pesetas que lle pedían e fuxiron tras matar a catro persoas no domicilio. Cumpriron dezanove dos douscentos doce anos que fixaba a condena. Nunca Máis decidirá se recorre a sentenza absolutoria polo vertido do Prestige e convoca hoxe concentracións de protesta.Os traballadores da Fabrica de Armas da Coruña levantan esta tarde o peche que mantiñan na factoria dende hai oito meses. Fano ante anuncio do Ministerio de Defensa de adxudicar as instalacións a un dos grupos interesados en reiniciar a actividade.Segue grave con queimaduras o mozo ferido na explosión dunha estufa de butano no seu piso, nas Pontes, estourido que derrubou os muros da fachada. A onda expansiva chegou á gasolineira situada a poucos metros sen provocar máis feridos. O Lugo enfróntase mañá á Ponferradi