Máis de 60.000 hectáreas queimadas, e catro vítimas mortais. CúmpRlense catro anos da vaga de incendios que asolou distintas partes de Galicia. Repasamos cos veciños máis directamente afectados cómo foron aqueles días fatídicos e os traballos para recuperar o terreo arrasado polo lume. // Desartellada unha organización internacional que pretendía introducir en Galicia 2.800 quilos de cocaína. A droga ía a bordo do veleiro GOLDWASSER, que chegou este mediodía ao porto de Vigo. Aduanas e a Policía Nacional abordaron o barco no Atlántico,nunha operación moi complexa pola forte ondaxe. // No Debate de Política Xeral, coñecido como Estado da Autonomía, O grupo popular e os socialistas pactan unha resolución na que declaran compartir o seu apoio ao autogoberno de Galicia, ao tempo que rexeitan as ideas independentistas. (15/10/2021)