A Xunta advirte de que poden vir medidas máis drásticas e fala de comprtamentos irresponsables entre os universitarios. Sanidade fai un cribado a tódolos usuarios de residencias de estudantes de Santiago, sen atopar de momento, casos positivos. //As vítimas da Covid-19 en Galicia superan xa a barreira das 800. Os casos activos elévanse a 4.569, logo de detectarse 233 novos contaxios. Hai 265 persoas hospitalizadas, 42 delas nas UCI. // //A Xunta autoriza ao Deportivo a ampliar a cabida de espectadores en Riazor para a sua estrea en Segunda B o domingo contra o Salamanca. Poderán acudir tódolos afeccionados que xa mercaran a súa entrada,, pero non se porán máis á venda.//As cabanas de árbores de Serra de Outes, o deseño textil Artesán e Trasdeza Natur. Tres iniciativas empresariais encabezadas por galegas, que foron recoñecidas polo MInisterio de Agricultura cos premios á innovación, no día internacional das mulleres rurais. 15/10/20