As malas condicións do mar obrigan a suspender a busca dos dous posibles desaparecidos no naufraxio que se producía onte á tarde no Orzán, na Coruña. Salvamento Marítimo rescataba pouco despois do sinistro a un dos tripulantes, xa cadáver. // Campaña electoral: Mensaxes enfrontadas sobre o control do déficit e o éxito na loita contra a crise. // Mariscadoras e redeiras de Cambados son recoñecidas a nivel nacional pola súa faceta coma guías turísticas, amosando aos visitantes como é o seu traballo no mar. // O Blusens Mombús Obradoiro comeza a temporada na Liga ACB encadeando vitorias, e xa van tres consecutivas. (15/10/12)