Chegan a Galicia as vacinas para a cuarta dose da covid. A poboación máis vulnerable será a que a reciba en primeiro lugar, mentres incidencia continúa en descenso e a presión hospitalaria nos niveis máis baixos dende que comenzou a pandemia. // As empregadas do fogar poderán comezar a cotizar para cobrar o paro a partir do próximo mes. Un dereito que chega trala histórica sentenza europea e resposta á denuncia dunha traballadora galega. // A suba dos prezos da electricidade dispara o interese pola busca de solucións alternativas, como a instalación de paneis solares tanto en empresas, como en edificios de vivendas e casas unifamiliares. // A Coruña acolle a exposición das fotografías que revelaron ao mundo como era a Antártida hai un século e cómo foi a aventura da sua conquista. Forma parte da inauguración da novena edición do Festival Mar de Mares. 16-09-2022