O primeiro temporal de final de verán chega con moita auga e vento, e afecta sobre todo á costa sur da Coruña e ao litoral de Pontevedra. Rexistráronse 100  litros por metro cuadrado na Barbanza e ventos de 100 kms por hora en Cedeira.  Os gandeiros seguen bloqueando industrias de transformación de leite, como medida de presión para conseguir mellores prezos. Consideran insuficiente o anuncio dalgunhas industrias e distribuidoras de pagarlles 2 céntimos máis por litro; eles piden 6 céntimos.200 mil alumnos de Eso, Bacharelato e FP comezan hoxe o curso, coa novidade de implantarse a Lomce.O Deportivo conseguiu  en Madrid a súa primeira vitoria da temporada, derrotando ao Rayo Vallecano por 1 a 3.Día grande das festas da Virxe do Cristal, en Vilanova dos Infantes, Celanova, e frustración entre os veciños por non poder sacala en procesión por mor da choiva. A imaxe é unha réplica da que roubaron cando asasinaron ao párroco, hai seis meses. (15/09/15)