A policía  investiga en Santiago  a morte dunha nena de 14 anos electrocutada nunha farola. Dende o concello de Santiago aseguran que a instalación cumpría a normativa e abrirán unha investigación.  Os veciños quéixanse porque xa alertaran de que a farola provocaba descargas .   As forzas de seguridade realizan xestións para dar cos asaltantes da casa rectoral da parroquia das Cruces, en Padrón,  que lle causaron a morte  á asistenta do  Párroco e feridas ao propio cura.  A moza que aparece nun vídeo de contido sexual gravado nun parque de Monforte e difundido por Whatsapp, presentou denuncia na policía por un presunto delicto de abusos sexuais. (15/09/14)