O estadio vigués de Balaídos volve á loita por converterse nunha das sedes do mundial de fútbol 2030, que compartirán España, Portugal e Marrocos. A renuncia de Málaga deixa aberta unha segunda oportunidade para a candidatura viguesa, que terá como principal rival a Valencia. | A Xunta rexeita o acordo de financiamento singular para Cataluña anunciado pola Generalitat e o Goberno Central. Rueda considera que é perxudicial para os intereses de Galicia. Mentres, o BNG, asegura que é unha oportunidade para mellorar o financiamento autonómico | O concello de Ferrol, pioneiro con dispensadores gratuítos de crema protectora nas súas praias, nunha iniciativa para resaltar a importancia da prevención do melanoma. Segundo os últimos datos, Galicia rexistrou 460 casos desta enfermidade nun só ano| Logo duns anos de bonanza, corren malos tempos para as orquestras. O descenso de público e as alternativas máis económicas, coma os discomóbiles, poñen en risco a sua continuidade