Apoio dende Galicia á causa do pobo palestino e contra a matanza de civís en Gaza. Distintos actos, coma este en Santiago, convocados para conmemorar o aniversario da Nakba, a catástrofe de 1948, que supuxo a fuxida de miles de palestinos dos seusfogares coa creación do estado de Israel|Polémica a conta da situación da Sanidade, na sesión de control do Parlamento, onde Alfonso Rueda replicou a Ana Pontón coa xestión dos seus socios en Cataluña, derrotados na seleccións. Tamén lembrouaos socialistas a promesa do goberno de Pedro Sánchez da gratuidade da AP-9 |Unha marca chinesa de coches eléctricos de luxo desembarca no porto de Ferrol para exportar a toda Europa. Stellantis chega a un acordo con outra compañía para comercializar modelos asequibles, a partir de setembro e non descarta fabricar vehículos chineses en plantas do grupo coma a de Vigo | na semana das letras galegas sucédense as homenaxes a Luísa Villalta. En Vigo dous artistas pintan no escaparate dunha libraría versos acomp