Bombeiros, protección civil e corpos de seguridade, interveñen contra un incendio moi próximo ás vivendas. É un simulacro organizado na parroquia coruñesa de Elviña, para comprobar que o dispositivo está listo de cara a temporada de maior risco. // Debates de política nacional, nos primeiros compases da campaña para as eleccións municipais do 28M. O PP insiste na polémica polas listas de Bildu. // A Xunta pon en marcha un programa para que as farmacias axuden coa medicación a persoas maiores que viven soas e teñen dificultades para tomala correctamente, mediante un sistema de dosificación persoalizada. //Traballadores de prisións reclaman a construción dun hospital psiquiátrico penitenciario para atender aos máis de mil reclusos galegos que padecen algún tipo de patoloxía mental. 15-05-23