Navantia asinou un contrato cunha filial da navieira vasca Ibaizabal para construir  en xuño catro petroleiros. Será nos estaleiros públicos de Ferrol e Cádiz.    O Director Xeral da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa, defendeu, na Coruña,  a actuación dos axentes deste corpo de seguridade  na investigación sobre o caso da muller asasinada en Ourense, presuntamente polo seu marido, no hospital onde se recuperaba dunha agresión anterior. Decisiva fin de semana para os equipos galegos: Para o Celta porque tratará, pese ás dificultades, de conseguir unha praza europea. Pero sobre todo pra o Deportivo que vivirá unha auténtica final pola permanencia. Será  en Riazor onde recibe ao Levante e co estadio cheo de público. (15/05/15)