'Estilo Galicia' é o novo lema da Xunta inspirado no 'Galicia calidade'. Alfonso Rueda deuno a coñecer na celebración cos conselleiros polo primeiro ano do equipo no Goberno galego. Durante ese festexo, a Xunta de Portavoces concretaba no Parlamento a data para o debate de autonomía, verdadeiro exame para o Goberno galego, segundo BNG e PSdeG. Será os días 23 e 25 de abril | Malestar entre as ANPAs Galegas pola indicación da consellería de Educación de permitir que se matriculen ata 25 alumnos por aula en sexto de Infantil e na Educación Primaria | A Xunta destinará máis de 17 millóns de euros en axudas para o material escolar do vindeiro curso. A repartición dependerá dos ingresos dos pais e das necesidades dos fillos. Estiman que 7 de cada 10 alumnos recibirán esta axuda | Condena de 15 anos prisión a un home por agredir sexualmente da filla da súa parella de 11 anos de idade. Facíao de forma continuada baixo ameazas | O Sergas e Segurcaixa Adeslas deberán pagar máis de medio millón