Primeiro consello da Xunta do novo goberno de Alfonso Rueda, cos 12 conselleiros que hoxe tomaron posesión. Hai catro caras novas, que levarán as competencias de cultura e lingua, medio rural, vivenda e infraestruturas e Sanidade | O sector do mar e as plataformas en defensa da Ría de Arousa e Ulloa Viva alegarán contra o proxecto de celulosa de Altri en Palas de Rei cos argumentos que usou ENCE para non trasladarse | Tráfico desenvolve esta semana unha campaña de especial vixilancia dos excesos de velocidade, que están detrás de case un de cada catro accidentes | Colaboración entre artistas e científicos. Conviviron durante tres meses no centro interdisciplinario de química e bioloxía da Coruña, experimentando con diferentes materiais para facer arte. O resultado será unha exposición itinerante de dez obras. 15-04-2024